UNIDAD
11 A ÉPOCA DOS DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS. p.224
-
A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS.
A Península Ibérica a finais
da Idade Media está dividida en cinco
reinos (Castela,
Aragón, Navarra, Portugal e Reino de Granada).
En Castela reina Enrique IV
de Castela; na súa sucesión está o
problema da forma na que o Monarca exercerá o poder: por sí mesmo,
como verdadero dono, ou como un instrumento dunha parte da nobreza.
Enrique IV, non ten fillos
varóns; así que na súa sucesión primeiro está o seu medio irmán
Alfonso de Castela, pero morre en 1468. Xurde a disputa entre os
partidarios de proclamar herdeira a Isabel de Castela ou a Juana a
Beltraneja (filla ilexitima de Enrique IV, atribuida a Beltrán de la
Cueva, nacida en 1462). En 1468, Enrique IV e Isabel alcanzaron un
acordo en Ávila, cerca do cerro de Guisando, xunto ós Toros de
Guisando, por tal acordo, Isabel era proclamada princesa de Asturias
(título que recibe o heredeiro á corona en Castela neses momento e
na actualidade en España) e recoñecida como herdeira da Corona de
Castela.
En 1469 casaron
Isabel de Castela, irmá de Henrique IV rei de Castela, e Fernando,
fillo de Xoan II de Aragón.
Henrique IV morre en 1474,
e Isabel é
proclamada raiña, ainda que ata 1479 está en guerra fronte a súa
sobriña Xoana a
Beltraneja, filla
de Henrique IV. É unha guerra pola sucesión, pero tamén pola forma
de goberno: a de Isabel de impoñerse á nobreza ou a de Juana que
dependería dos poder dos nobres. A guerra remata coa victoria de
Isabel, cando Portugal lle retira o apoio a Juana. (Tratado
de Alcaçovas-Toledo de 1479 co rei de Portugal que lle quita o apoio
a Xoana a cambio de novos límites no Atlántico, está en relación
con expedicións portuguesas bordeando África, de aí on interés
de Portugal por reservar as expedicións por debaixo da liña verde
que se ve no mapa).
Tamén en 1479
Fernando hereda Aragón. Desde 1479 son reis sen oposición.
Así consíguese a
unión dinástica
(unión dos reinos nas mesmas persoas/persoa, (Según
a Concordia de Segovia firmada en 1475, ambos monarcas dispondrán de
igual poder: Isabel reina de Castela, e Fernando tamén; herencia de
Castela, nos lexítimos herdeiros de Isabel),
pero non
territorial, xa que se manteñen os reinos coas fronteiras, as súas
Cortes, leis, sistema fiscal, moedas, etc.
Estableceron un único escudo cos símbolos de Castela, as flechas de
Isabel –letra F, de Fernando-, e os de Aragón, o nudo gordiano e
xugo de Fernando -letra Y de Isabel-; con el lema “tanto monta”)
e pouco a pouco foise impoñendo o título de reyes de España.
EXPANSIÓN POLA PENÍNSULA
PARA INTENTAR TER UNIDADE PENINSULAR
SOBRE O REINO NAZARÍ DE
GRANADA, guerra entre 1489-1492, o rei Boabdil ríndese ante os
RR.CC,
SOBRE NAVARRA, Fernando I a
ocupa en 1515, pero manten ós seus foros (leis propias de Navarra).
SOBRE PORTUGAL, para
incorporar o territorio portugués, e como non se pode conquistar,
busca a vía dos matrimonios das fillas con reis portugueses, para
unha unión nun futuro herdeiro….. ver imaxe p. 225.
*QUE
REINOS HAI NA PENÍNSULA IBÉRICA ANTES DOS RR.CC?
*QUE
PROBLEMA HAI NA FORMA DE ENTENDER O PODER DA MONARQUÍA NA SUCESEIÓN
DE ENRIQUE IV?
CANDO
COMEZA O REINADO DOS RR.CC?
*COMO
CONSIGUEN UNIR OS REINOS?
*QUE
TIPO DE UNIÓN FAN OS REIS CATÓLICOS? EXPLICA COMO É ESA UNIÓN
*QUE
DIFICULTADES TIVERON QUE VENCER OS RR.CC. PARA UNIR AMBOS REINOS?

No hay comentarios:
Publicar un comentario