jueves, 26 de marzo de 2020

UNIDADE 11 COMO SE ORGANIZA A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS


COMO SE ORGANIZA A NOVA MONARQUÍA?. P. 226.


Pasan dunha monarquía de tipo feudal, que dependía do poder dos nobres e do clero, a unha monarquía autoritaria, baseada na súa autoridade. Para eso crean:
novas institucións de goberno
impoñen unha unidade relixiosa
promoven unha diplomacia de estado
emprenden unha gran política exterior.


A) REFORZAMENTO DA SÚA AUTORIDADE
 
1-NA COROA DE CASTELA: Fan tres accións:
-crean un exército profesional que non depende dos nobres. Modernizaron o exército, organizado en tercios baixo o mando do Gran Capitán, Gonzalo Fernández de Córdoba. Serán orixe dos Tercios Viejos.
-limitan o poder dos nobres (dos que apoiaron a la Beltraneja, sobre todo): fan que devolvan terras, non participan nas guerras, non forman parte das institucións. Non convocan as Cortes. (Institución que reune os representantes dos tres brazos: clero, nobreza e común (este eran os representantes das cidades que tiñan “Voto en Cortes”), a función principal é: a aprobación de impostos, ademáis da presentación de peticiones e agravios.
-crean novas institucións de goberno que dependen dos RR.CC. Os Consellos integrados por xuristas (personas que coñecen as leis). As Chancillerias ou Audiencias, tribunais reais establecidos en Valladolid e Granada. Crearon a Santa Hermandad (policia rural) que mantiña orden no campo. Tamén limitaron a autonomía dos municipios implantando os corregidores (funcionarios reais que se impoñen nos concellos para impoñer a autoridade dos Reis Católico).
….FIXARSE NAS IMAXES PARA COÑECER NOMES…..
*QUE ACCIÓNS FAN OS RR.CC PARA REFORZAR A SÚA AUTORIDADE?
*CALES SON OS PRINCIPAIS ÓRGANOS DE GOBERNO NA COROA DE CASTELA?
 

2-NA COROA DE ARAGÓN: Fernando non é tan autoriario, manten unha política PACTISTA, manten as instituciósn existentes e comprométese a negociar as leis e impostos cos grupos privilexiados representados nas Cortes. So dictou a Sentenza Arbitral de Guadalupe, que abolía algúns dereitos señoriais (malos usos) en favor dos campesiños.




B) A UNIDADE RELIXIOSA,     Pensan que para reforzar a unidade política da monarquía era mellor unha única relixión. Por eso levan a cabo tres accións:   
Creouse en 1478 o Tribunal da Inquisición, para vixiar e xulgar os sospeitosos de herexía.
En 1492 instouse ós xudeos a converterse o cristianismo ou abandoar o reino. Os novos cristiáns serán chamados conversos.
Ós musulmans, en 1492, permitenlle manter relixións e costumes, pero en 1502, son obrigados a converterse ou marchar. Os musulmáns convertidos son os moriscos.


POR QUE FAN OS RR.CC A UNIDADE RELIXIOSA?
*POR QUE SE PRODUCE A EXPULSIÓN DOS XUDEOS? ...RECUADRO P. 227.
CANDO SE EXPULSA ÓS XUDEOS E ÓS MUSULMANS?


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O MUNDO QUE COÑECÍA COLÓN

O MUNDO QUE COÑECÍA COLÓN. Erros nos cálculos de Colón 232.                        Coñecía, como case todos, que a Terra era redonda. ...